Voitre da escusa

Medran aladas uñas
                                       as 24 horas dos dedos
onde envilecer sen necesidade de globos
familias vienesas
                                 un bar aberto
de estritas camareiras explotadas
que recorro
                       cando fico sen unha mala cervexa.
_

Nenos, home malo





























Nós ser boas persoas: demócratas!
_

A culpa é das familias, estache ben o conto

Queren gañar (o sentido da competición), perpetuarse disimuladamente (un pouco difísil), queren impoñer daquel xeito, queren ser o norte capital que caga altruísmo e servizo a non sei que cidadanía. Como era, sentido de estado? Van sobrados, todo recto.

Que o galego sexa unha especie en perigo de extinción, como os osos polares, é culpa das familias, é obvio, porque a Xunta fala galego (como esos anuncios nos que che venden, por exemplo, un pan que sabe a pan).

Unha filla que estuda castelán, galego, portugués e inglés, apenas intercala frases en galego co seu pai, por aquelo do romanticismo e os exabruptos (do seu pai). Será culpa da súa nai, a quen educaron en colexio privado para manexarse en inglés?

Non, será culpa daqueles pais de aldea que mudaban ao castelán cando se dirixían aos seus fillos, a ver se cheghaban a algho.

Si, a culpa é das familias, políticas son todas, e logo están as familias políticas: marea na que fresar a propia ignorancia.

Feijóo: xa sei que nunca vas pasar por unha guillotina, don’t worry be happy, ti bótalle solemnes crisantemos ao sartego de Rosalía de Castro.

Darío “de Pereda” Villanueva opina o mesmo ca ti (ou ao revés), non te queixes.
_

O severo polgar

Un artigo desfasado sobre Cortázar na Sagrada Biblia El País. Aquelo vai de autores contemporáneos que opinan segundo a fórmula gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, cun parágrafo para xustificarse. Dano que causan as películas de romanos e o Facebook.

Sae un chamándolle cursi. Seica cando el era novo había que ler a Cortázar se querías ligar, relacionarte, ser alguén. Iso debería omitilo: cando es novo desprezas con máis facilidade os canons, o tolerado, o aconsellado; revela arrepentimento e falta de personalidade (expresión ben mala, por certo, pero estou preguizán). Claro, é a Sagrada Biblia, Cortázar acabou comunista perdido e ademais Vargas Llosa asegurou (no edificante prólogo aos contos completos do arxentino publicados pola Sagrada Biblia) que o pillou unha vez nun quiosco parisino mercando unha revista de putas, oh, si, de verdade, eu estaba alí, foi tan decepcionante para alguén coma min que o admiraba.

Como se chama o tipo? Non me lembro e paso de buscalo.
_

Outros cóbranche café





























_

Persoas en desuso





















Non redescubrín a pólvora. Non te emosiones, fogheteiro, que non ghanou o Madrí. Sinto decepcionar aos seareiros de mareas hostís. É un traballo modesto, limpo. Por que? Porque limpa era a clienta, e non finxida a súa modestia.
_

Disco do ano para o meu NME


_

Barrantes e mercurio (III)




Vexamos, está o batera friki, o guitarrista hipster, a guitarrista indie, e ela, pantanosa e arxentina, filla de William Faulkner, alí no condado.

Ah, perdón, e o baixo. O baixo ten pinta de ser o tipo normal, no máis agradecido significado da palabra. O que sabe canto costa o billete do metro.
_

Robalo

A esta hora estarán actuando Sílvia Pérez Cruz e Raül Fernández Miró no centro comercial que teñen os de Abanca no Preguntoiro. Putada non poder ir, tragaríame os prexuízos sobre a entidade. Son novos e agárdalles unha carreira longa, ocasións xurdirán de ollalos en directo, xuntos ou non, mais sabemos que esta xira, con este disco, este repertorio, esta emoción que consome, é irrepetíbel.
_

La caballa ahumada y el capitalismo no paleto





























_

Fume mocassim

A maconha que se antecipa
a um suicídio
                            de nota de suicídio e panteão
mentres hipócritas volutas
de uso e legalização
                                       armam a nada.
_

As afrodisíacas distancias da noria de Tiberio

Bestseller. 7.000 páxinas a primeira tonelada. Despois falan de Proust e da vida que é demasiado curta.
_

Pin-up de comisario europeo

Río dos tacóns
nos ollos
                   de lastra
excéntrica constelación
recental e alfinete
para picar o globo amarelo
                                                    sempre escribes co frío histórico
da RDA do teu tanga.
_

Viaxe ao logotipo do (auto)desprezo

O logotipo do Mexillón de Galicia pode descarregarse dende a súa páxina oficial. Denominación de Orixe Protexida. Ligazón para descarregalo en castelán e máis ligazón para descarregalo en galego, que tamén está en castelán. Un erro, suponse, non pasa nada (búscalo por outro lado ou falo ti). O carallo é que existe (e colocan) unha versión en castelán.

Falamos do logotipo, non de publicidade ou información.

Ás veces merco produtos xaponeses para cociñar nunha tenda do centro. Naturalmente, as marcas conservan intactos os seus nipóns logos e etiquetas. Ao ser produtos de alimentación presentados nunha lingua que aquí poucos coñecerán, o que se fai é pegar unha contraetiqueta coa información en inglés ou español, que é, cando caduca, todo iso.

Algún problema de comunicación no comercio? Todo o contrario, se quero vender sake en Francia, terei que explicar en francés as bondades da botella, mais nunca traducindo a marca ao francés. Agora o sake é orixinario da Borgoña?! Non é tan difícil de entender!

Emigrarei, ireime dun país, o meu, negado por esos profesionais do poder e a ignorancia e os que lle votan, os amigos.

Despois hai matices, claro: whisky, single malt scotch whisky, ah, non sei inglés, nin o meu español manexo, pero tiene nivel, póngame un dábel malt, del bueno, nada de segovianos, en Segovia, cochinillo.
_

Corrandes d'exili


_

Tarde no semáforo

A faciana desfigurada de alcol
erecta a dor
                         das mans pano branco
polo ruibarbo central
                                           as axencias de viaxes
sangue teso das guitarras.
_

Semicurado

Non me interesa o teu punto de vista
tampouco o meu
                                 silencio de balanza
interésame a orixe
                                    a cabronada
a vertixe que corrixe o Wall Street Journal
e unha marca de queixo.
_

Esta mañá tiven unha revelasión desas

Ao entrar no hospital apaguei o móbil, por dúas razóns:

Primeira e máis importante: porque se alguén me chama a esa hora coido que despois o mato.
E segunda: porque no hospital dinche que o apagues, norma que a xente de mediana idade para embaixo incumpre compulsivamente (mentres predican o contrario).

Entón, sentado xa na sala de espera, o móbil apagado, volvín pensar na posibilidade dun diagnóstico mortal. Palmala sería como quedar sen cobertura eterna e case contemplaba o suceso (o deceso) como un alivio, un por fin, un que vos follen vivos. Ah, si, e se algún cabrón che mete a man nos petos e acende o puto móbil? Centos de chamadas perdidas ao inferno, ata que as persoas interesadas e o banco se cansaran, ou peor, Deus e O Demo fasendo de telefonistas, Miguel Durán, chámanlle pola liña 154789bn42f55555k, preséntese en recepción, merda, non podemos arder como se fixo sempre? Ao final a culpa non vai ser do Concilio Vaticano II, vai ser de Steve Jobs.
_

Redescubrindo os diarios de Kafka

Salvador Pániker prescribe levar un diario, como ferramenta de (auto)coñecemento e poña vostede orde na súa cabeza. Cando o descubrín en casa de C. case me convence. Cando lin un segundo volume comecei a toparlle as trampas. Non hai trampas nos diarios de Kafka, ou mellor, ao revés, deben ser os diarios coñecidos con máis trampas da humanidade, pero non para gañarse o favor de ninguén, apenas unha loita xorda, segura, intermitente e culpable. Non lle falta razón a Ferlosio cando afirma que despois del é todo unha trapallada pretenciosa mal disimulada.

Escribirá Ferlosio un diario? Dubídoo moito (inda que sería divertido).

A min que me rexistren. Procurar un pouco de orde aquí enriba está ben, si, e non é o diario quen cha proporciona como a aspirina che quita unha dor nos anuncios. A lo menos a min non me funcionan, nin os diarios nin as aspirinas.

Sen lívidas saias nin esputos de sangue.

Kafka escribiu o que a educación e o corpo lle permitiron, e aí polo medio, ao abeiro dunha anemia, lume constantemente novo, e tan detido, e o amigo entendeuno ao desobedecer e non lle queimar os manuscritos.
_

Día da Galiza Mártir






























Aquí a provocar con frívolo e rápido construtivismo ruso, ah, cabrón anacrónico, roxo independentista, culpable de evidente panfleto, iso está superado (amable), imos cortarche os collóns (máis amable) e demais leccións de civismo e historia. Está superado, nin sequera sobreviven as gloriosas nación-estado, agora estamos, oh, en mans dun goberno supranacional.

Porque aprenderon a disimular os cadáveres?

Porque se abreviou a política en macroeconomía?

Tamén a min me aburre o asunto da nación romántica, da terra idealizada que se consume nas belixerantes brasas da súa derrota, mais son fillo desta Ítaca, e paso dos mártires como paso dos santorais e a televisión. Non os quero, son de fabricación fascista, aí tedes o voso santiño, monte de merda. O que si quero é a memoria de toda esa xente asasinada por ser intelixente, limpa, traballadora e xenerosa.

Era antes máis doado? Era máis doado vivir contra Franco, máis simple? Soa a escusa. Dende logo era máis doado rematar mártir, non se discute; a diferenza entre O Caudillo e O Rexistrador da Propiedade é que este último terá non sei cantos mil amigos no Facebook; pagar pagan os mesmos.

Erro: fixo que O Caudillo tamén está no Facebook. Agregádeme, gando!

Outro que pilla vacasións en aghosto. Pode que volva, e se non volvo, non é porque vaia escribir un libro, tranquilos.
_

Arcada da obra posíbel

Dame un lugre de auga fría
veloz mar para min
                                     Sílvia
carbón no fígado insectos de tequila
e a terra esfínter
                                do presidente
da deputación provincial.
_

A Xunta é unha bendisión

Dáche unha mighallas de pan e lévache as vacas, as ghaliñas, as sardiñas do mar enteiro, as sebolas. Ghuapos e considerados. Outros non se molestarían nun roubo estabulado.
_

Tipografía para os netos de Berlín


_

Achégase un meteoro ao cliente


























Ao señor deseñador ghustáballe o espiñento anterior, pero que se lle vai faser, éche así o conto e a ghrasia.
_

Aí vai a letra

Porque non se lle entende un carallo:

Dime qué puedo hacer
para no echarte de menos,
dime qué voy a ser
¿carretera o trueno?

Nunca pierdo la paciencia,
pero estuve bebiendo,
dime qué puedo hacer
y que no resulte violento.

Dime que subes a un tren
y esta tarde nos vemos,
dime que traes mi café
para no quedarme muñeco.

Tengo un rifle en la guantera
porque igual te secuestro.
Dime qué puedo hacer,
creo que correré el riesgo.

Cine de serie B
una road rodando en tu pelo,
dices que todo va bien
y me tiras la pipa al suelo.

Me saco un ticket de tus labios
nos liquidan en créditos,
dime qué puedo hacer,
soy de bajo presupuesto.

Tienes tequila en la piel,
una botella de José Cuervo
y un envite amaro de sed
en la quilla de algún desierto.

Quién peligra en la frontera,
voy camino de México.
Creo que sé lo qué hacer, correré el riesgo.

Dime qué puedo hacer...

Dime qué voy a ser...
_

;





















_

Por aí entra un obús e máis un ghrilo seboleiro

Viva a televisión, Némesis de Internet. Vivan os dousentosmil proghramas de cosiña. Tipos esixentes, os do xurado, ghrandes persoas, ghrandes actores, ah, e ghrandes e humildes cosiñeiros. Intimidan aos ineptos que se presentan co seu ghrande corasón. Intimidan: fixo que non lles ghusta o verbo, eles só imparten Xustiza. Eu tamén o faría, debo recoñecelo, a xustiza mola mogollón, enghancha.
_

Manuel Jabois?

Non é a miña gherra perdida, fillo.
_

Seghimos

Testamento ergueito de tarántulas

Deixo por un lado a mala hostia, e por outro a casa da Carabuxeira para a miña filla. E xa está, tampouco hai que flipar, non pasa nada. Non é exhibicionismo, é serenidade.

Filósofo chinés: “Un vello que non sabe morrer é un rufián”. Algho así. Saqueino de Henri Michaux.
_

Adianto





























2,30 x 0,80 + o pé de habanera que pon a Deputación.
_

Anzol 25 M

Medraba gamela silenciosa
nas costas da súa pel
                                       era doce
a conducta velenosa
a lealdade ao Partido e aquel
                                                      congro
ao que lle puxeran
                                   Marilyn Monroe.
_

Aparatosa fortuna a dos títulos

Os títulos, dos libros, dos discos, das cancións, das fotografías e das pinturas (supoño que me deixo algo atrás) son slogans, publicidade. Cinismo o dos bustos.

Isto é un estudo serio: os titulares contemporáneos divídense basicamente en dúas correntes igual de eléctricas:

Unha a rimbombante coas súas variacións. Exemplos poñamos, non sei, a Javier Marías ou Pérez-Reverte (non están tan lonxe), A espeluxante excepción do ourizo, A vinganza do capitán Ahab en Lepanto, algo así.

Outra a frase que conecta co seu tempo, renunciando conscientemente a unha pompa que consideran de outros séculos. Paradigma: Mira que te lo tengo dicho, de Juan Cruz (a Cortázar saíalle, a ti non). 

Que cousa mala, arredemo, non se trata de escoller entre milleiros de enchufes igual de brancos.

O meu título favorito de hoxe? Hotel Shampoo, de Gruff Rhys.
_

Mala mitomanía






























Somnámbulos que se erguen pola noite para saquear a neveira. Algo así. Eu tamén o faría para ollar, non o que fixen, que non fixen nada: para ollar a fotografía e á fotografiada. Non son cinéfilo e adoro a esta muller.

Non é síndrome de Stendhal, nas Rías Baixas non temos esos problemas, xente como Telmo Martín ben o sabe.
_

Normalización, coherencia y abogacía






















Un libro escrito entre Louzán, Feijóo, Catalina e Gloria. Hai paridade. Prólogo de Telmo. 300.000 exemplares vendidos nun par de horas.
_

WSJ





























_

Non chores a súa morte peseta

Mans devoradas de frío
                                            insomnio e xornal
dúas palabras estrangulándoa
agora que non importa
non fagas rir
zapatos de bombona contraria
                                                         salta salta
desintegrada na xente tódolas estremas lle pertencen.
_

Testa rota en 2.000 pesetas



















Algo así vai para unha tenda de las de Lugo. O submundo das las e as tecedoras e tecedores: non pensen en cor, tenrura, suavidade ou abrigo; pensen en feras pelexando por levarse o trofeo de máis cool do día; agullas e gardadas vinganzas, o ring e o planeta internet, xa non hai que subir aos Andes, con aquel ar tan lento e folclórico.
_

Luis Scafati, un ilustrador terrorífico





























Poden buscar, por exemplo, os seus traballos con clásicos da literatura. Reclamo para lectores novos. Outros ollos para os que leron os libros, sen aquela teima de que nada se interpoña entre un e o texto, como se xa non importara. Isto é d' O Proceso.
_

A quecer o espírito, kamikazes





























_

Canción de autor

Agora que todo é de autor. Dun asasinato a unha ensalada. É vostede o autor? Non, é unha canción de autor, xa o pon na etiqueta.


_

Dobre homenaxe





























Á Familia Plómez e á Polla Records.
_

Tarxeta de visita morta











A voltas coa caixa de texto do vello Freehand e as xeometrías destos meses. Sancionando outra fin de ciclo. Non o explicarei eu, vaino explicar Salvador Pániker:

John Locke planteaba: ¿puede ser la memoria el único criterio de la identidad personal? Uno escribe su diario sin preocuparse demasiado por la memoria. Lo que dije en el pasado puedo muy bien contradecirlo en el presente. R. W. Emerson anotó: “¿Por qué hemos de tener la cabeza vuelta hacia atrás? ¿Por qué arrastrar el cadáver de la memoria?”. Si tenemos que contradecirnos, bien, no es grave. “Je ne suis pas toujours de mon avis”, decía Paul Valéry. Uno aspira a la identidad transpersonal, la que diluye el absurdo de la muerte, pero tampoco quiere uno abolir la discreta ficción —ficción verdadera— de la identidad personal, la máscara, la memoria de las muecas y los gestos que trajo la vida. En los folios de mi diario está el inventario de mis muecas, ese progresivo forcejeo con la lengua, una cierta persecución de algo —algo que nunca consigo decir—, la crónica de mis estados bioquímicos, los ups and downs de una trayectoria minúscula e intrasnsferible, precisamente la mía.

Iso, non vou caer na trampa de tachar a Pániker de elitista. Entendo o que escribe, ou entendo o que quero entender e arrimo a ascua á sardiña: hoxe fíxenme esta tarxeta, outro día fareime outra; que imprimo? Non o sei nin me preocupa.
_

Día de calendarios





























_

Arquivo do blogue