Anzol 25 M

Medraba gamela silenciosa
nas costas da súa pel
                                       era doce
a conducta velenosa
a lealdade ao Partido e aquel
                                                      congro
ao que lle puxeran
                                   Marilyn Monroe.
_

Aparatosa fortuna a dos títulos

Os títulos, dos libros, dos discos, das cancións, das fotografías e das pinturas (supoño que me deixo algo atrás) son slogans, publicidade. Cinismo o dos bustos.

Isto é un estudo serio: os titulares contemporáneos divídense basicamente en dúas correntes igual de eléctricas:

Unha a rimbombante coas súas variacións. Exemplos poñamos, non sei, a Javier Marías ou Pérez-Reverte (non están tan lonxe), A espeluxante excepción do ourizo, A vinganza do capitán Ahab en Lepanto, algo así.

Outra a frase que conecta co seu tempo, renunciando conscientemente a unha pompa que consideran de outros séculos. Paradigma: Mira que te lo tengo dicho, de Juan Cruz (a Cortázar saíalle, a ti non). 

Que cousa mala, arredemo, non se trata de escoller entre milleiros de enchufes igual de brancos.

O meu título favorito de hoxe? Hotel Shampoo, de Gruff Rhys.
_

Mala mitomanía






























Somnámbulos que se erguen pola noite para saquear a neveira. Algo así. Eu tamén o faría para ollar, non o que fixen, que non fixen nada: para ollar a fotografía e á fotografiada. Non son cinéfilo e adoro a esta muller.

Non é síndrome de Stendhal, nas Rías Baixas non temos esos problemas, xente como Telmo Martín ben o sabe.
_