Disco do ano para o meu NME


_

Barrantes e mercurio (III)




Vexamos, está o batera friki, o guitarrista hipster, a guitarrista indie, e ela, pantanosa e arxentina, filla de William Faulkner, alí no condado.

Ah, perdón, e o baixo. O baixo ten pinta de ser o tipo normal, no máis agradecido significado da palabra. O que sabe canto costa o billete do metro.
_

Robalo

A esta hora estarán actuando Sílvia Pérez Cruz e Raül Fernández Miró no centro comercial que teñen os de Abanca no Preguntoiro. Putada non poder ir, tragaríame os prexuízos sobre a entidade. Son novos e agárdalles unha carreira longa, ocasións xurdirán de ollalos en directo, xuntos ou non, mais sabemos que esta xira, con este disco, este repertorio, esta emoción que consome, é irrepetíbel.
_