La caballa ahumada y el capitalismo no paleto





























_

Fume mocassim

A maconha que se antecipa
a um suicídio
                            de nota de suicídio e panteão
mentres hipócritas volutas
de uso e legalização
                                       armam a nada.
_

As afrodisíacas distancias da noria de Tiberio

Bestseller. 7.000 páxinas a primeira tonelada. Despois falan de Proust e da vida que é demasiado curta.
_

Pin-up de comisario europeo

Río dos tacóns
nos ollos
                   de lastra
excéntrica constelación
recental e alfinete
para picar o globo amarelo
                                                    sempre escribes co frío histórico
da RDA do teu tanga.
_

Viaxe ao logotipo do (auto)desprezo

O logotipo do Mexillón de Galicia pode descarregarse dende a súa páxina oficial. Denominación de Orixe Protexida. Ligazón para descarregalo en castelán e máis ligazón para descarregalo en galego, que tamén está en castelán. Un erro, suponse, non pasa nada (búscalo por outro lado ou falo ti). O carallo é que existe (e colocan) unha versión en castelán.

Falamos do logotipo, non de publicidade ou información.

Ás veces merco produtos xaponeses para cociñar nunha tenda do centro. Naturalmente, as marcas conservan intactos os seus nipóns logos e etiquetas. Ao ser produtos de alimentación presentados nunha lingua que aquí poucos coñecerán, o que se fai é pegar unha contraetiqueta coa información en inglés ou español, que é, cando caduca, todo iso.

Algún problema de comunicación no comercio? Todo o contrario, se quero vender sake en Francia, terei que explicar en francés as bondades da botella, mais nunca traducindo a marca ao francés. Agora o sake é orixinario da Borgoña?! Non é tan difícil de entender!

Emigrarei, ireime dun país, o meu, negado por esos profesionais do poder e a ignorancia e os que lle votan, os amigos.

Despois hai matices, claro: whisky, single malt scotch whisky, ah, non sei inglés, nin o meu español manexo, pero tiene nivel, póngame un dábel malt, del bueno, nada de segovianos, en Segovia, cochinillo.
_

Corrandes d'exili


_

Tarde no semáforo

A faciana desfigurada de alcol
erecta a dor
                         das mans pano branco
polo ruibarbo central
                                           as axencias de viaxes
sangue teso das guitarras.
_

Arquivo do blogue