Política de hipnose



Esta canción abre o novo EP de Nacho Vegas, Canciones populistas, irmán pequeno de Resituación. Aí vai a súa posición política, para que se escandalicen indies de tódalas idades. Iso está superado, isto é un triste panfleto, e non, non o é, ou pensa vostede que si? A modo coa resposta.

Se aos de Rockdelux ou a Diego Manrique, que non deixa de encaixar no perfil de liberal, lles parece mal, a nós parécenos ben.
_

Contra a súa legalización

A favor da súa regularización na ilegalidade do horizonte.
















_

Doutra época, a miña

Sen ánimo de equipararme, claro; eu só podo soñar o que el viviu con firmeza. Non estamos aquí para gañar puntos. Perdón, mellor si, estamos para gañar puntos. Estamos ben aquí.



_

Días de 1972



_

Carta aberta a Robe Iniesta

Ai ai, Robe Iniesta, a que lle fixeron a vostede. O dos cartos será unha putada, pero a repercusión na súa imaxe é máis perigosa. Gardan silencio ao seu redor como nos gabinetes de crise das películas e os gobernos? Convertírase vostede nun ídolo, un mesías, un gurú, para moitos. Tempo tivo para aclararse co asunto (como un Evaristo, poñamos).

Aquí non impartimos, ou iso agardamos, lección algunha de conduta, cada un é libre de faser neghosios con quen lle pete e a quen non lle ghuste ou se sinta decepcionado, que se foda. Preferimos evitar as adhesións relixiosas, e convertírase vostede nun mesías defectuoso: a quen escribe gustábanlle os seus discos, sen chegar nunca a entrar en transo, que se lle vai faser, e conforme pasaban os anos ía cheirándolle máis a (auto)promoción da “autenticidade”.

Debe ser pola miña timidez que a xente “auténtica” sempre me caeu mal; pode estar tranquilo, non son eu quen de xulgalo de ningún xeito. E moitos dos que o idolatran, por idolatralo, desculparano. Non será grave o dano, en cifras.

Defender dereitos de autor, un modelo de negocio, claro que si. Deter un concerto porque catro rapaces o están escoitando sen pagar entrada ao outro lado dos valos? A razón non era mala, pero non todo é razón nesta vida; debería sabelo vostede que tanto lle cantou aos seus contrarios.

É o que ten botarlle unha ollada á prensa, entéraste ata do que non queres. Cando saque disco de duetos con Loquillo e Ramoncín e Víctor e Ana, a ver se teño sorte e non me entero. Un que é moi revirado, non faga caso e a vivir. Ou demándeme por inxurias.

Se a un Antonio Vega un goberno lle solta unha medalla e 90.000 euros, gústame pensar que sairía correndo, ben barbeado, a pillalos, e non enganaría a ninguén nin se enganaría a si mesmo (e xa perdería a medalla ao pouco de saír do nobre recinto).

Si, pódese concluír que un Antonio Vega só pensaba na pasta, mentres que vostede, espírito elevado, pensa na arte e a súa transcendencia.

Siga impartindo leccións, mestre.

Atentamente, un herético verme.
_

Folla de reclamasións

Por que non dixeches
ti que todo o dis
                               que palmabas
contrataría ao fogheteiro en tempada alta
e cóbrame o que hai na barra.
_

O peixe está vendido 2.0

Pantalán é unha pasarela con mar negro
para sílfides fabricadas
                                            en Zara
libros de autoaxuda
pastis polo legal
dromedarios e metralla
os teléfonos conducen medusas
                                                            de moedas
como un carro de crisantemos de estafa.
_

Ensaio sobre o punk

Sempre me estou a suicidar
lanzar tellas
coitelas de afeitar
                                   nubes
bañeira de Marat pillada vía eBay
espello do sangue
                                   carraxe
evidente negar que te quero.
_

Eloxio da mala conciencia

Chegados a ese peirao
no que atrapallas
                                  a necesidade de escribir
coa túa puta vida
                                   ou a dos demais
o mellor que podes facer é calar.

Ceo de pólvora (DF 2015)

Corazón de zopilotes
prendido entre os ósos da praza
duras sombras
                             sol que queima
as palabras como foguetes
antes de que volvas abrir.
_

Tamén te quero por teléfono (Sanxenxo 2015)

Atravésame un caro tráfico
de formigas disfuncionais
detido no peirao
                                  brazos en cruz
tamén son unha formiga
ao outro lado do cristal do sol.
_

Virxe do Carme 2015

Oe nena eu son un artista
unha metálica noite de mastros
escintila no peiaro
                                    calcina gaivotas
impresiona
pasa diante miña á habitación.
_

En Villaviciosa tamén hai sidra



E aquí con Nacho Vegas, que xa é máis coñecido, Pablo Und Destruktion, na maldita gravación de móbil, mandándolle un par de coplas, unha delas, onde vai, himno asturiano. Os curmáns falan de conciencia de clase, politizados. A moda é a contraria: haga como yo, no se meta en política, que dicía Hipster Franco. Din que morreu a historia e algúns négano con sentido. Por iso non morreu nin morrerá.

Ao Pablo compárano con Nick Cave e Serge Gainsbourg. Non digo que non, mais prefíroo a el, un pouco curmán tamén, menos estrela do pop, menos estratega do comercio para esa necedade do rock para adultos. Escánciame aí.
_

Vótame

Desabotoa auga dos mendigos
coa túa conciencia de clase
                                                     malabares e postigos
farrapo cosido de calaberas e bufos
                                                                   esbirros
engorda palabras nos suburbios da pel
fóllate a unha princesa
                                             casa pace
pacen os estentóreos soños de Calígula en vea.
_

Inercia




















_

Modfather

Fillo do vello laborismo, lustros anteriores a vómitos sorrintes como Tony Blair, seica o pai, albanel, cortou a liña de teléfono da casa para poder mercarlle un amplificador, o rapaz vale, poida non ter un curro coma o meu (ao pouco dos Jam fíxose o seu manager). O éxito non cambiou nada, inda que agora viva glorificado e a mensaxe obreira semelle diluída en revistas.

Haberá quen teña algho que disir, tranquilos, eu nin sei nin quero sabelo todo.

Bebedor nos xenes de gasóleo, algunha lección de madrugada lle impartiu aos presuntos macarras dos irmáns Gallagher, os de Oasis. Para o resto está a súa traballada, rica, que non pretenciosa, discografía.
_

A mellor canción da heroína




















Lou Reed e demais, uns snobs.
_

A modo co minimalismo












Pode un pasarse de freada. Ollaba unha revista local petada de publicidade e reparei no logo do Dezaseis, lembreino, o logo e o local, onde parei algunhas veces, e decidín redeseñalo, movido pola curiosidade. Sen querer meterme onde non me chaman, nunca entendín iso que lle enfiaron ao número 16. Algún significado?

Insisto, non busco polémica; eu paseime tres pobos escollendo o minimalismo de agora, e falando de coches, o O co 16 semella un sinal de tráfico, e o peixe-casa-grella-chanzos, unha parvada. Mola a cor.
_

Días de 1942

O outro día descubriunos Gustavo Iglesias Niño de Elche. Un rapaz que ven do flamenco e fai como Enrique Morente con Lagartija Nick, menos poderoso o invento, quizais, unha forxa distinta, máis explícito no social. Dous discos escoitamos: o que sacou agora con poetas contemporáneos e mailo o anterior, con Miguel Hernández (contemporáneo, non?). No de Orihuela intercala breves poemas que recitan outros con vontade de homenaxe; “narración de Pablo Guerrero, narración de Fernando González Lucini…” Un par delas ben guapas e arrastradas. Outras semellan Palabras Patrocinadas polo Ministerio de Cultura.

Xa o dixo Ferlosio, a cultura é o puto ar que respiramos; A Cultura é outro instrumento de manipulación de masas. Mesmo de automanipulación, oh, podo facer unha lectura orixinal de Miguel Hernández, fareino, vou á biblioteca, documéntome apaixoadamente, non por saír nas revistas de prestixio, por suposto.

Niño Yuntero, brutal, inda que tódolos decibelios non poderán superar a Víctor Jara. Ningunha culpa, ao contrario.

É como reler, redescubrir, xa doutro xeito, Miguel Hernández, estremece e paso de poñerme Enxeñoso Patrocinando polo Ministerio de Cultura, que se o intemporal vento do pobo ou a mortal ausencia dun camiño de ferro e rosa, joder, Miguel Hernández non é un bo poeta que sabe facer poesía, é un poeta, o sangue revirado e inocente, alto e enterrado.

Ao final fagho eu o mesmo que critico noutros, ai ai.
_

Asuntos de estado

Sideral escama
nunha cama ordenada
                                           en película e fel
a que che din en Alxer
antes de que fumaras aquel
cascabel e me deixaras
                                            a alma
a medio faser
                           nas grises grellas das grúas.
_

Como electrificar un barreño


















O primeiro asistir a un concerto de Guadalupe Plata, como este. Non hai visualización de powerpoints nin youtubes cun tipo orgullosísimo da súa presentación. Os que pasen do riso ao verdadeiro interese terán que facerse cun barreño, porque sen barreño non hai barreño, ata aí chegamos, e logo xa deixarse guiar polos que saben do tema para ecualizalo e poñerlle un punto de luz.

Créanme e non me fagan caso, despois do minuto 11 explícano con moita máis graza ca min. Na ilustración de Rubén Bellido poden apreciar a vangardista estrutura do instrumento. E o ben que soa.
_

Benidorm-Sanxenxo (un oficio covertido en esperpento)

http://graffica.info/benidormbytalents-marca/

A maior gloria das oportunidades, a sona e os cartos.

E o Ramón Puchades, CEO de Talents United, a modiño, defendendo nos comentarios como un demócrata gladiador.

Concursos de deseño, xa o nome é malo; peste bubónica, moito máis oportuno.

Díghoo eu, si, que unha ves presenteime a un serio e non ghanei nada, e dixen nunca máis.

Os CEOs deste mundo lecionaranme: o mundo é máis complexo do que cres.

Eu retrucarei: o mundo é mais complexo, abondo máis complexo do que vós credes; o que non é obstáculo para tomar partido.
_

Un oficio covertido en esperpento

Por que Briefing Galego se chama así? Por que venden o rollo do galego e Galicia? Nin a Xunta, que tamén pensa en castelán, atrévese a soltar discursos oficias nesa lingua (lalala); por desgraza: mellor sería que se deixaran de hipocrisía, que escarallaran a lingua só a golpe de lei, non tamén pretendendo falala cando lles interesa (con naturalidade, of briefing).

Hai algo da Xunta e das Deputacións en Briefing Galego? Ofenderalles a pregunta, claro, ti de que vas.

Definición de creatividade: abusar do polbo e a choiva, violar como parvos en nome do enxeño. 

Como os supermercados: cando inauguran ollas en grande, por exemplo, Frutería/Froitería, e aos dous días xa poñen tódolos produtos, as leitugas, as ofertas, as películas, en castelán.

O deseño e a publicidade, porosos por natureza, son tan porosos aos poderes todos! De quen será culpa?
_

Billete da liña 5 (Cansión de amor)

Inconsciencia educada
en perderte con cada parada
                                                      de bus
unha ausencia
unha idea sen esqueleto
que negro
                      firmamento, oe.
_

Tolo das mareas

Esmeril no solpor dos piñeiros
cala robalos de azafrán e parafina
                                                                leva
o mar reservado para min
lávase as veas
                            despois do coitelo.
_

Preguntas con trampa (II)



















_

Preguntas con trampa (605.353.428)




















Panfletario, manido, sentimental, irreal, faccioso? Haberá que preguntarlle a xente seria: Telmo, Catalina, Feijóo, Aznar, Rajoy, Juncker, Lagarde, Felipe González… e a súa cohorte de gurús da economía e a comunicación.

Latinoamérica, esa segunda patria nosa, que pasa, anda por riba dos 600 millóns de persoas. Este vídeo ollárono máis de 35. Descoñezo o predicamento dun grupo como Calle 13 entre intelectuais. Lagrimón, dixo Ángel Carmona, e a puteada radio orgullosa.
_

Xaponés da ría

Altas escumas
cantan os caramuxos
no alfinete.
_

Haiku

Alma de dios
onde carallo marchas
con esas pintas.
_

Eu non digho nada (Debate sobre o estado da nasión)

Para seghir en Disneylandia, aquí tamén hai ghuapo e feo, pero non, síntoo, crédulos do aparato cínico enfermos militantes do PSOE, non ía por vós, nin polo PP, nin por Podemos, nin por PJ Harvey (co atracativa que sae na foto, un cereixo de prata e neon nas miñas mans). Giant Sand maioría absoluta, pero non o dighades por aí.


_

Fuxe o tempo e con el a saúde

Non fai falla que un doutor nos receite a frase. A última vez que Los Enemigos tocaron en Radio 3, bótalle hai quince anos, Josele subía ao escenario cunha lata de Mahou, das verdes, na man. No seu regreso (revolta, que dixo el), presentando o novo disco, o irónico Vida inteligente, aparecen os catro tomando café, café de empresa, de inserir moeda na máquina do corredor.

Non é unha anécdota pesimista. A frescura dos primeiros traballos é irrepetíbel; eles conservan lucidez e oficio (ou ofidio), atributos pouco roqueiros, si, pero que poden funcionar. Están vivos.
_

Lembrando unha prea

No pretendo caer en la vanidad del dolor, pero me duele su muerte.

Raúl del Pozo, onte.

Xa me ghustou a frase.
_

Un 10% máis de produto

Temos os libros de 300 páxinas dos coetáneos a 49,5 euros. Durante estos black fridays, agharrádevos, polo mesmo prezo, un 10% máis de letra impresa, yo no soy tonto. Esta editorial inaccesíbel á derrota, ademais, negocia coas vellas de Tel Aviv a publicación de todo o que agochan da antigalla de Franz Kafka.

Pronto nas súas librarías e na nosa web, edicións coidadas aos irresistíbeis prezos cos que traemos enganchada á nosa clientela.

E non remata aí o conto: os 100 primeiros en reservar un exemplar entrarán no sorteo dunha viaxe a Praga para dous, con barra libre!

A que merda agardan, idiotas?
_

Arquivo do blogue