Asuntos de estado

Sideral escama
nunha cama ordenada
                                           en película e fel
a que che din en Alxer
antes de que fumaras aquel
cascabel e me deixaras
                                            a alma
a medio faser
                           nas grises grellas das grúas.
_

Como electrificar un barreño


















O primeiro asistir a un concerto de Guadalupe Plata, como este. Non hai visualización de powerpoints nin youtubes cun tipo orgullosísimo da súa presentación. Os que pasen do riso ao verdadeiro interese terán que facerse cun barreño, porque sen barreño non hai barreño, ata aí chegamos, e logo xa deixarse guiar polos que saben do tema para ecualizalo e poñerlle un punto de luz.

Créanme e non me fagan caso, despois do minuto 11 explícano con moita máis graza ca min. Na ilustración de Rubén Bellido poden apreciar a vangardista estrutura do instrumento. E o ben que soa.
_

Benidorm-Sanxenxo (un oficio covertido en esperpento)

http://graffica.info/benidormbytalents-marca/

A maior gloria das oportunidades, a sona e os cartos.

E o Ramón Puchades, CEO de Talents United, a modiño, defendendo nos comentarios como un demócrata gladiador.

Concursos de deseño, xa o nome é malo; peste bubónica, moito máis oportuno.

Díghoo eu, si, que unha ves presenteime a un serio e non ghanei nada, e dixen nunca máis.

Os CEOs deste mundo lecionaranme: o mundo é máis complexo do que cres.

Eu retrucarei: o mundo é mais complexo, abondo máis complexo do que vós credes; o que non é obstáculo para tomar partido.
_

Un oficio covertido en esperpento

Por que Briefing Galego se chama así? Por que venden o rollo do galego e Galicia? Nin a Xunta, que tamén pensa en castelán, atrévese a soltar discursos oficias nesa lingua (lalala); por desgraza: mellor sería que se deixaran de hipocrisía, que escarallaran a lingua só a golpe de lei, non tamén pretendendo falala cando lles interesa (con naturalidade, of briefing).

Hai algo da Xunta e das Deputacións en Briefing Galego? Ofenderalles a pregunta, claro, ti de que vas.

Definición de creatividade: abusar do polbo e a choiva, violar como parvos en nome do enxeño. 

Como os supermercados: cando inauguran ollas en grande, por exemplo, Frutería/Froitería, e aos dous días xa poñen tódolos produtos, as leitugas, as ofertas, as películas, en castelán.

O deseño e a publicidade, porosos por natureza, son tan porosos aos poderes todos! De quen será culpa?
_

Billete da liña 5 (Cansión de amor)

Inconsciencia educada
en perderte con cada parada
                                                      de bus
unha ausencia
unha idea sen esqueleto
que negro
                      firmamento, oe.
_

Tolo das mareas

Esmeril no solpor dos piñeiros
cala robalos de azafrán e parafina
                                                                leva
o mar reservado para min
lávase as veas
                            despois do coitelo.
_

Preguntas con trampa (II)



















_

Preguntas con trampa (605.353.428)




















Panfletario, manido, sentimental, irreal, faccioso? Haberá que preguntarlle a xente seria: Telmo, Catalina, Feijóo, Aznar, Rajoy, Juncker, Lagarde, Felipe González… e a súa cohorte de gurús da economía e a comunicación.

Latinoamérica, esa segunda patria nosa, que pasa, anda por riba dos 600 millóns de persoas. Este vídeo ollárono máis de 35. Descoñezo o predicamento dun grupo como Calle 13 entre intelectuais. Lagrimón, dixo Ángel Carmona, e a puteada radio orgullosa.
_

Xaponés da ría

Altas escumas
cantan os caramuxos
no alfinete.
_

Haiku

Alma de dios
onde carallo marchas
con esas pintas.
_

Arquivo do blogue