Superávit
A hipocondríaca vaidade de preguntar se, de cinco propostas, dúas causaron unanimidade e admiración. Simple, ten que ser simple. Gáñase un deseñador, pérdese unha persoa que non perde a súa dor (ou sexa, que non se perde nada).
As palabras maiúsculas, a coidada sintaxe, rematarán o proceso de asfixia.
_
.
26.9.17
Chámalle lo-fi
Juan Perro, joder, reedita esta versión de Luna de agosto. Minuto 1.35. Non me molesto nin en cortala.
_
.
6.8.17
Un movemento sísmico
O ceo eléctrico de agosto
golpea a túa voz
flor de milgrandas
e chocolate
unha réplica
voas, amor, cando cantas.
_
golpea a túa voz
flor de milgrandas
e chocolate
unha réplica
voas, amor, cando cantas.
_
.
6.8.17
Entre Fausto e Fenosa
A miña imaxinación é como os contratos coas compañías eléctricas, coa única diferenza de que se me paso non salta o automático, carbonízome. Palmo, pero tampouco teño que pagar máis. Éche o que ten a avaricia.
_
_
.
15.7.17
Anuncio por palabras
Razón? Que é a versión 2.0 da maldita iogureira. Ademais, Wallapop está deixando sen curro a moita xente.
_
.
15.7.17
Hashtag
Encántame. Aquí suponse que se di cancelo. Hashtag, pronúnciese esaxerando as consoantes. Como un alemán afrancesado, ou ao revés, non o teño claro. Un hipster e xa está. Por non falar do tema do hash. Haschishin que te vexo pero non, e el o que te olla a ti. A facer surf tododiós.
_
_
.
9.6.17
A importancia de chamarse Miguel Durán
Isto foi a miña filla buscándome arañeira adiante. Vou ter que buscarme máis, faserme un Facebook. Todo sexa pola comunicación e a famosa vi-si-bi-li-da-de. Of course, con profesionalidade e bo gusto. E sensual baile de salón.
- É vostede Miguel Durán?
- Yes, we can! Ningún impostor.
- Asine aquí.
- O que?
- Asine aquí, coño; non quere levarse á loira?
Valeriánico. Tempada de selfies, que é como a tempada dos peludos pero sen veda. Non sexas moralista, Miguel Durán.
_
.
21.2.17
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.